O Autor

twitterChámome Valentín Estévez Rial, nacín un 16 de xaneiro de 1984 en Cambados. Agora mesmo vivo no barrio mariñeiro de San Tomé, aínda que a miña infancia paseina na rúa Borrón. Estudei no CEIP San Tomé, cambiándome despois para o IES Francisco Asorey onde cursei a Educación Secundaria Obrigatoria. Tras acabar a devandita formación matriculeime no IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa, onde cursei o Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico de Maquinaria e Condución de Liñas. En 2010 matricúlome no IES San Clemente de Santiago de Compostela na modalidade de Bacharelato a distancia.

Empecei a escribir desde pequeno, aínda que máis ben facía letras para cancións. Os que me coñezan acordaranse daquelas cancións como “A movilette non tira”, ou “Sujus, caramelos Sujus” e daqueles proxectos de grupos musicais como “Los Aseleradores”, “Nacidos para Matar” ou “Gritos en la Noche”. Todo empezou como un modo de expresar o que sentía e pensaba aos demais.

As miñas influencias, a verdade, non é que fosen poetas, se non mais ben, cantantes como “Yosi” Dominguez do grupo Los Suaves, Joaquín Sabina…etc. É agora cando despois duns anos decídome a publicar o que escribo, polo que me empezo a interesar polos poetas desta época e de antes, tanto galegos como doutros lugares.

Recoñecementos

Decembro 2011 —-> “Premio Retranca das Letras 2011” concedido pola “Asociación Xuvenil Retranca”

Anuncios