Etiquetas

, , ,

Praia da Lanzada (Grove, POntevedra)

Praia da Lanzada (Grove, Pontevedra)

E saín a navegar
a ese mar de versos que me encontrei,
ese que un poeta, dende a súa ventá,
tivo o pracer de mostrarme.

Só eu e ese manto azul de palabras,
a noite, ela soa vixíame,
mentres ondas de sentimentos golpean
esta barca triste e cansa.
E á fin puiden cargar
sensacións e inquietudes,
almacenadas en caixas de papel
que gardan letras de contrabando
á espera de poder ser descargadas
nesa praia de pena e soidade,
onde o destino, ese fero destino,
levoume tolo e atormentado.

Anuncios