Empezamos un novo camiño

Etiquetas

Empezo nunha nova dirección. Desde o ano 2011 viña publicando as miñas poesías no portal de blogger e, despois de darlle moitas voltas, decidín cambiarme a wordpress onde me ofrecen outro tipo de ferramentas e no cal me sinto máis a gusto.

Debo dicir que o blog aloxado en blogger eliminarase nuns meses, quedando soamente este no cal empezo un novo camiño e onde publicarei novas poesías, escritos en prosa e algunha cousiña máis.

Esperando que continuedes seguíndome e lendo os meus escritos envíovos un cordial saúdo.

Valentín Estévez